Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 38044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2018 polo que se notifica ao interesado a resolución de desistencia relativa a un procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desistencia relativa ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O interesado poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: 20071501632.

Interesado: Ángel Murigosa Barreiro.

Acto que se notifica: resolución de desistencia.

Último enderezo coñecido: Lugar do Marquiño, 7, 15887 O Pino, A Coruña.