Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 38035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da xestión e dirección do centro Montealegre en Ourense para a execución dun programa de acollemento residencial de menores baixo a medida de protección de tutela ou garda da Xunta de Galicia especializado na atención terapéutica para menores con problemas de conduta (24 prazas).

1. Contratación, por procedemento aberto, da xestión e dirección do centro Montealegre en Ourense para a execución dun programa de acollemento residencial de menores baixo a medida de protección de tutela ou garda da Xunta de Galicia especializado na atención terapéutica para menores con problemas de conduta (24 prazas).

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 6/2018.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=280573

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: xestión e dirección do centro Montealegre en Ourense para a execución dun programa de acollemento residencial de menores baixo a medida de protección de tutela ou garda da Xunta de Galicia, especializado na atención terapéutica para menores con problemas de conduta (24 prazas).

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, 1 de marzo de 2018 .

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo total sen IVE: 2.943.006,00 euros. Con IVE: 3.237.394,32 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 29 de xuño de 2018.

b) Data da formalización: 20 de xullo de 2018.

c) Contratista e importe de adxudicación (exento de IVE): Fundación Diagrama Intervención Psicosocial. 2.531.897,44 €.

d) Nacionalidade: española.

e) Vantaxe da oferta que resultou adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios obxectivos que figuran no prego de cláusulas administrativas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social