Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37976

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 2 de agosto de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

Por Orde desta consellería do 28 de maio de 2018 (DOG núm. 109, do 8 de xuño) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 36 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 28 de maio de 2018 (DOG núm. 109, do 8 de xuño).

Segundo. Vista a proposta realizada polo Consello Reitor da Axencia en sesión celebrada o 26 de xullo de 2018, seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a da Área de Xestión do Coñecemento e Talento.

Nome e apelidos: Mario Mosquera Verea.

DNI (*): *****214S.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.