Con data do 3 de xullo de 2018, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2017424AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Distribuciones Seafood Fresh, S.L.U.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Distribuciones Seafood Fresh, S.L.U. o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015 para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da mesma lei, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2017424AL-CO.
Interesada: Distribuciones Seafood Fresh, S.L.U.
Documento de identificación: B70512512.
Último enderezo coñecido: rúa do Río, 34, 15705 Santiago de Compostela.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 5.300,00 €.