Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (2015/79/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70 planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para os efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderá interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 19 de xuño de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015/79/27.

Persoa interesada: Servando José González Novo.

Enderezo actual: rúa do Liño, 2 (CP 27003) Lugo.

Asunto: Resolución do 31 de maio de 2018.

Efectos: cambio de medida administrativa e concesión de recurso.