Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37814

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Por Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017 (DOG número 59, do 24 de marzo), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2017 (DOG do 21 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2022/23.

De conformidade co artigo 4 da Orde do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do réxime de concertos educativos, os que se subscriban ou modifican pola presente orde rematarán ao final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento do artigo 15 da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos vixentes

1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que no mesmo anexo se establecen.

2. As modificacións a que se refire o punto 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación con anterioridade, conforme o artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que será asinada pola persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade coa Orde do 25 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Se a persoa titular do centro non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Efectos da modificación

As modificacións ás que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2018.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Modificacións realizadas de conformidade co artigo 15
da Orde do 14 de marzo de 2017

a) Educación infantil.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15001461

CPR Sagrada Familia

Boiro

A Coruña

Suprimir o concerto de dúas unidades

15004046

CPR Cid

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto nunha unidade

15004642

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

A Coruña

A Coruña

Incrementar o concerto nunha unidade

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

A Coruña

Suprimir o concerto nunha unidade

32008665

CPR Divino Maestro

Ourense

Ourense

Suprimir unha unidade de padroado

Incrementar o concerto nunha unidade (ordinaria)

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

Incrementar o concerto nunha unidade

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias

Vigo

Pontevedra

Incrementar o concerto en dúas unidades

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto nunha unidade

b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO).

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

A Coruña

Incrementar o concerto nunha unidade de EP

15015366

CPR Casa do Neno

Santiago de C.

A Coruña

Incrementar o concerto nunha unidade de EP

15015615

CPR San Francisco Javier

Santiago de C.

A Coruña

Suprimir o concerto dunha unidade de EP e de dúas unidades de ESO (3º/4º)

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

O Pereiro de Aguiar

Ourense

Incrementar o concerto nunha unidade de EP

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

O Pereiro de Aguiar

Ourense

Incrementar o concerto nunha unidade de EP

36001008

CPR Plurilingüe Compañía de María

Cangas

Pontevedra

Suprimir o concerto nunha unidade de EP

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Suprimir o concerto nunha unidade de EP e nunha unidade de ESO (1º/2º)

36010794

CPR Fillas de María Inmaculada

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto dunha unidade de ESO (3º/4º)

c) Educación especial.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Sra. del Carmen

Betanzos

A Coruña

Concertar unha unidade-plurideficientes

15033071

CEEPR Aspaber

Carballo

A Coruña

Incrementar o concerto nunha unidade-plurideficientes

15032674

CEEPR Amicos

Ribeira

A Coruña

Incrementar o concerto en dúas unidades-psíquicos

27006322

CPR La Inmaculada

Lugo

Lugo

Concertar unha unidade-plurideficientes

36017031

CEEPR Santísimo Cristo del Amor

O Porriño

Pontevedra

Incrementar o concerto nunha unidade-autistas

36011518

CPR Plurilingüe Mercantil

Vigo

Pontevedra

Incrementar o concerto nunha unidade-plurideficientes

Suprimir o concerto dunha unidade-psíquicos

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel II

Vigo

Pontevedra

Concertar unha unidade-psíquicos

36019864

CEEPR Bata-Os Mecos

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Incrementar o concerto nunha unidade-autistas

d) Formación profesional básica.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020431

CPR Agarimo

Arteixo

A Coruña

Concertar o 2º curso de Carpintaría e Moble (1 unidade)

32008665

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Ourense

Ourense

Concertar o 2º curso de Informática de Oficinas (1 unidade)

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Informática e Comunicacións

(1 unidade)

e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

Suprimir o 1º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

Ourense

Suprimir o 2º curso de Actividades Comerciais (1 unidade)

f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

A Coruña

Concertar o 1º curso de Paisaxismo e Medio Rural

(1 unidade)

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Transporte e Loxística

(1 unidade)

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

Concertar o 1º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (1 unidade)

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

Sober

Lugo

Concertar o 1º curso de Vitivinicultura (1 unidade)

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

Ourense

Concertar o 2º curso de Administración e Finanzas

(1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Educación Infantil (1 unidade)

Concertar o 1º curso de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (1 unidade)

36010794

CPR Fillas de Mª Inmaculada

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Mediación Comunicativa

(1 unidade)

ANEXO II

Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Motivo

15032832

CPR Niño Jesús

Betanzos

A Coruña

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017.

15010794

CPR Jaime Balmes

Noia

A Coruña

Solicitude presentada fóra de prazo, segundo o artigo 5 da Orde do 14 de marzo de 2017.

15016449

CPR Juniors

Santiago

A Coruña

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017.

36019724

CPR Cemar

Mondariz-Balneario

Pontevedra

As ensinanzas deportivas non están incluídas no ámbito da Orde do 14 de marzo de 2017; inexistencia de dotación orzamentaria para o concerto das devanditas ensinanzas, segundo o artigo 17 da mesma orde.

Polo que respecta aos ciclos formativos, as necesidades educativas da zona están debidamente cubertas e non existe dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017.

36024793

CPR A Camelia

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017.

Centro de Formación Profesional San Eloy

Vigo

Pontevedra

O centro non dispón de autorización de apertura e funcionamento segundo o artigo 3 da Orde do 14 marzo de 2017.