Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obra para a construción dun edificio para 36 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do plan parcial de Cambeses, rúa Ignacio Grobas, Vigo (Pontevedra). Expediente: PO-2015/020.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dun edificio para 36 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do plan parcial de Cambeses, rúa Ignacio Grobas, Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catro millóns cincocentos corenta e dous mil setecentos vinte e dous euros con trece céntimos (4.542.722,13 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): catrocentos cincuenta e catro mil douscentos setenta e dous euros con vinte e un céntimos (454.272,21 €).

c) Importe total: catro millóns novecentos noventa e seis mil novecentos noventa e catro euros con trinta e catro céntimos (4.996.994,34 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2018.

c) Contratista: Construcciones Ramírez, S.L.

d) Importe de adxudicación: tres millóns setecentos noventa e un mil oitocentos dez euros con dezaseis céntimos (3.791.810,16 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obras para a rehabilitación de tres inmobles para tres VPP na rúa Cerca 45, 47 e 49, Betanzos, A Coruña. Expedientes: C-2017/CH01, C-2012/CH01 e C-2012/CH02.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación de tres inmobles para tres VPP na rúa Cerca 45, 47 e 49, Betanzos, A Coruña.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: seiscentos seis mil seiscentos oitenta e catro euros con sesenta e oito céntimos (606.684,68 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): sesenta mil seiscentos sesenta e oito euros con corenta e sete céntimos (60.668,47 €).

c) Importe total: seiscentos sesenta e sete mil trescentos cincuenta e tres euros con quince céntimos (667.353,15 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xullo de 2018.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: cincocentos vinte e catro mil dezaoito euros con dezaoito céntimos (524.018,18 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

C. Contrato de obra para a rehabilitación dun edificio para dúas VPP na rúa Nova 75, Betanzos, A Coruña. Expediente: C-2017/CH 06.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para dúas VPP na rúa Nova 75, Betanzos, A Coruña.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos setenta mil cento trinta euros (270.130,00 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): vinte e sete mil trece euros (27.013,00 €).

c) Importe total: douscentos noventa e sete mil cento corenta e tres euros (297.143,00 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xullo de 2018.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: douscentos vinte e nove mil catrocentos setenta e dous euros con setenta e tres céntimos (229.472,73 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

D. Contrato de obras consistente na rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do edificio de 79 VPP situado na rúa Bélxica nº 2, 4, 6, 8A e 8B, Monteporreiro, Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Expediente: PO-2017/REE 01.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do edificio de 79 VPP situado na rúa Bélxica nº 2, 4, 6, 8A e 8B, Monteporreiro, Pontevedra.

b) Prazo de execución: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catrocentos setenta e sete mil seiscentos oitenta e oito euros con noventa e seis céntimos (477.688,96 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): cen mil trescentos catorce euros con sesenta e oito céntimos (100.314,68 €).

c) Importe total: cincocentos setenta e oito mil tres euros con sesenta e catro céntimos (578.003,64 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xullo de 2018.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: catrocentos once mil novecentos dezasete euros con trinta e seis céntimos (411.917,36 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

E. Contrato de obras consistente na rehabilitación enerxética do edificio de seis VPP situado en Vila da Igrexa 33, Cerdido, A Coruña, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Expediente: C-2017/REE 02.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación enerxética do edificio de seis VPP situado en Vila da Igrexa 33, Cerdido, A Coruña.

b) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento vinte e un mil cento corenta e tres euros con dezanove céntimos (121.143,19 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): vinte e cinco mil catrocentos corenta euros con sete céntimos (25.440,07 €).

c) Importe total: cento corenta e seis mil cincocentos oitenta e tres euros con vinte e seis céntimos (146.583,26 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xullo de 2018.

c) Contratista: Construcciones Guerreiro Somozas, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento oito mil douscentos corenta e un euros con corenta e cinco céntimos (108.241,45 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento

F. Contrato de obras consistente na obra para a rehabilitación dun inmoble para tres VPP e un local na rúa Cervantes 14, Ourense. Expediente OU-2016/CH02.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun inmoble para tres VPP e un local na rúa Cervantes 14, Ourense.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincocentos noventa e un mil cincocentos cincuenta e catro euros con noventa e tres céntimos (591.554,93 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): cincuenta e nove mil cento cincuenta e cinco euros con corenta e nove céntimos (59.155,49 €).

c) Importe total: seiscentos cincuenta mil setecentos dez euros con corenta e dous céntimos (650.710,42 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xullo de 2018.

c) Contratista: Proyecon Galicia, S.A.

d) Importe de adxudicación: cincocentos vinte e oito mil oitocentos oitenta e cinco euros (528.885,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 23 de julio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo