Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2018 pola que se notifican os acordos ditados no expediente IG142.2015.1.95 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido dos acordos, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento deles.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra os acordos, os cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data do acordo

Órgano que dita o acordo

Notificación

IG142.2015.1.95

District Developers, S.A.

Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (Resolución do 22 de outubro de 2015, DOG nº 209, do 3 de novembro)

26.4.2018

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo

IG246.2017.1.15

Linkproved Spain, S.L. (en constitución)

Préstamos previstos no Instrumento financeiro

préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 16 de outubro de 2017, DOG nº 206, do 30 de outubro)

29.5.2018

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo