Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada correspondente ao expediente sancionador INC-PO-0177/2016-BIO.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador INC-PO-0177/2016-BIO.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Programación e Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: INC-PO-0177/2016-BIO.

Persoa interesada: Mª Venancia Veiga Meneses.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 16-3º B, 36207 Vigo (Pontevedra).