Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao acordo polo que se convoca o concurso público para o outorgamento de sete licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do día 26 de xullo de 2018, aprobou as bases que rexerán o concurso público para o outorgamento de sete licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local e acordou a súa convocatoria.

1. Entidade adxudicadora.

O órgano competente para adxudicar a licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva é o Consello da Xunta.

A Secretaría Xeral de Medios é o órgano competente para a tramitación das solicitudes.

2. Obxecto do concurso.

Sete licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada que se detallan no anexo I da presente resolución.

3. Garantías.

Determinadas no anexo III das bases.

4. Prazo e lugar de presentación.

As solicitudes poderán presentarse en horario de apertura do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, dentro do prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban as bases e se convoca o concurso de adxudicación das licenzas.

Así mesmo, a presentación poderá realizarse mediante envío por correo certificado con destino ao dito rexistro, caso en que o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío e comunicar no mesmo día á Secretaria Xeral de Medios, por fax ao número 981 54 12 89, ou telegrama, a remisión da solicitude que deberá ser, en todo caso, anterior á finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Esta acreditación poderá realizarse tamén por correo electrónico ao enderezo radiodifusión.sxmedios@xunta.es, ben que este medio soamente será válido se existe constancia da súa transmisión e recepción, das súas datas e do contido íntegro das comunicación e se identifica fidedignamente ao remitente e ao destinatario.

5. Forma de presentación.

A establecida nas bases do concurso.

6. Modelo de solicitude.

O que figura como anexo II das bases do concurso.

7. Obtención de documentación.

As bases e os seus anexos estarán a disposición dos solicitantes:

a) No seguinte enderezo da internet: http://medios.xunta.es

b) Nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico da Secretaria Xeral de Medios no Edificio Administrativo de San Caetano.

8. Teléfonos de información: 981 54 43 22 e 981 54 12 30.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2018

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO I

Ref.

Denominación

Canle

Pra.

Ámbito

Superficie total

Densidade poboación

Licenzas dispoñibles

TL07C

As Pontes de García Rodríguez

24

100 W

Pontes de García Rodríguez (As), Pontedeume, Cabanas, Monfero, Capela (A), Muras

702,43 km2

41,68 hab/km2

1

TL01LU

Chantada

52*

50 W

Chantada, Taboada, Carballedo

442,85 km2

38 hab/km2

1

TL04LU

Vilalba

29

100 W

Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei, Cospeito, Pastoriza (A), Begonte, Abadín e Xermade

1.691,16 km2

28 hab/km2

1

TL05LU

Viveiro

40

100 W

Viveiro, Foz, Ribadeo, Burela, Cervo, Xove, Barreiros

565,75 km2

96 hab/km2

1

TL01OU

O Barco de Valdeorras

56*

100 W

Barco de Valdeorras (O), Rua (A), Vilamartín de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, Veiga (A), Bolo (O), Petín

769,68 km2

37 hab/km2

1

TL04OU

Verín

49*

100 W

Verín, Monterrei, Vilardevós, Cualedro, Riós, Oimbra, Laza, Castrelo do Val

1.061,38 km2

27 hab/km2

1

TL01PO

Lalín

55*

100 W

Lalín, Silleda

494,79 km²

60 hab/km2

1

*Afectadas polo segundo dividendo dixital. Pendentes de asignación da nova canle.