Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37241

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xullo de 2018 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado Cofisad, da Coruña, por cesamento de actividades docentes.

Mediante a Orde do 31 de marzo de 2005, publicada no DOG núm. 89, do 10 de maio, autorízase o centro privado (CPR) Cofisad, da Coruña, para impartir as ensinanzas de formación profesional de ciclos formativos de grao superior.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 14 de maio de 2018, iníciase o expediente de extinción da autorización do centro docente, que se tramita de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado Cofisad, da Coruña, código 15026571, en aplicación da disposición oitava.2 da Orde do 20 de setembro de 1995.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Disposición derradeira

Esta orden terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria