Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (42/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 42/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Natalia Fernández Barbazán contra a empresa Confecciones Busto Lope, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Confecciones Busto Lope, S.L., en situación de insolvencia, por importe de 5.309,23 euros en concepto de principal (desagregado do seguinte xeito: indemnización: 2.069,74 + salarios: 3.239,49 euros), máis outros 530,92 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1596 clave 64 N no Banesto debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “Recurso” seguida do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos, na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza