Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 219/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 219/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Mosquera Agrelo contra Compañía de Protección e Vixilancia Galaica, S.A. e INSS sobre Seguridade Social, se ditou sentenza co número 326/2018 con data do 11 de xullo de 2018 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 tras ver o presente Seguridade Social 219/2016 por instancia Carlos Mosquera Agrelo, asistida da letrada Sra. Rodríguez Enríquez, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece a pesar desta citada en forma; e contra o INSS, representado e asistido da letrada Sra. Guerra Díaz, en nome do rei, pronunciou a seguinte,

Decido

Estimo parcialmente a demanda interposta pola parte demandante fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. condenando a aboar ao demandante a cantidade de 293,88 euros en concepto de prestación de IT, absolvendo o INSS de todas as pretensións fronte a ela deducidas.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banco Santander, S.A. a nome desta oficina xudicial co número 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de Depósitos e Consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, a incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrada para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insérese nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza