Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2017-IPPC-84-315 para a planta de moenda de cemento situada no concello de Narón da cal é titular Cementos Tudela Veguín, S.A.U.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembero), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de moenda de cemento

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Cementos Tudela Veguín, S.A.U.

Expediente: 2017-IPPC-I-84

Localización: Narón (A Coruña)

Data: 3.7.2018

Esta resolución poderá consultarse en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático