Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37043

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2018 pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 2 de xaneiro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 18 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión dos premios con cargo á aplicación orzamentarias 04.A2 761A 760.0, proxecto 2017 00004, dos orzamentos da Axencia de Turismo de Galicia para as anualidades 2018 e 2019, con un crédito orzamentario de 800.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Premiado

Categoría

Contía anualidade 2018

Contía anualidade 2019

Concello de Celanova

Primeira

100.000 €

300.000 €

Concello de Mondoñedo

Segunda

100.000 €

300.000 €