Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 36984

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xullo de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do colexio de educación infantil e primaria Santo Paio de Abaixo do concello de Redondela.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Redondela.

Código: 36007709.

Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Santo Paio de Abaixo.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) de Reboreda.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria