Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación da autorización de ocupación de dominio público de diversos espazos no Hospital Montecelo e nos centros de atención primaria para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías e alimentos sólidos (expediente AB-EIP1-18-005).

1. Poder adxudicador. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público.

d) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Enderezo na Plataforma de contratos de Galicia: www.contratosdegalicia.es

9º. Enderezo na Plataforma de contratos do Estado: www.contrataciondelestado.es

10º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborales, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Número de expediente: AB-EIP1-18-005.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: autorización de dominio público.

b) Descrición: autorización de ocupación de dominio público de diversos espazos da EOXIPS no Hospital Montecelo e nos centros de atención primaria para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías e alimentos sólidos.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura):

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e multicriterio.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Canon (ata 45 puntos).

2º. Criterios ambientais das máquinas (ata 25 puntos).

3º. Características dos produtos (ata 21 puntos).

4º. Prezos dos produtos de obrigada oferta (ata 9 puntos).

4. Valor estimado do contrato:

5. Orzamento base de licitación:

a) Canon mínimo anual por máquina: 300,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 1.000,00 €.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

Solvencia económica e financeira. Criterio: volumen anual de negocios do licitador que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, deberá igualar ou superar o importe de 9.900,00 € (IVE excluído).

Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o candidato considerarase solvente coa presentación de, polo menos, un contrato análogo ao obxecto desta contratación, isto é, a instalación, explotación, mantemento de maquinas expendedoras de bebidas frías, quentes e sólidos alimenticios dun mínimo de 20 máquinas expendedoras.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre B dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e hora da celebración da apertura do sobre B publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: os gastos que orixinen as publicacións dos anuncios do presente expediente nos correspondentes boletíns oficiais serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 18 de xullo de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestion Integrada de Pontevedra e O Salnés