Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36884

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito da Canle IV.

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria urxente do 26 de xullo de 2018, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias do concello no ámbito da Canle IV, de acordo coa documentación que presentou a arquitecta Gloria Margarita Trigo Mayor, colexiada do COAG co número 2139, o día 22 de maio de 2018 (RE número 861 e seguintes) e o día 12 de xullo de 2018 (RE número 1197).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de Urbanismo do concello (avenida de Castelao, número 36), de luns a venres, das 8.00 ás 14.30 horas, e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A documentación sometida a información pública tamén se pode consultar na páxina web do Concello na ligazón http://concello.aspontes.org/portal-transparencia/?mdocs-cat=mdocs-cat-39&mdocs-att=CONSULTA%20P%C3%9ABLICA

As Pontes de García Rodríguez, 1 de agosto de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1092/2018, do 27 de xullo)
María Montserrat García Chavarría
Alcaldesa en funcións