Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 49/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 49/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Corredoira Míguez contra Pescados Castro Varela, S.L.U. sobre despedimento, se ditou o Decreto de insolvencia do 9 de xullo de 2018, impugnable en revisión no prazo de tres días, que está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Castro Varela, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza