Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36673

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (ETX 64/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 64/2018

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 759/2017

Sobre despedimento

Demandante: Rubén Rivas Otero

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 17 de xullo de 2018, no proceso de execución seguido por instancia de Rubén Rivas Otero, contra Aparcamiento Labacolla, S.L., rexistrado co núm. 64/2018, se acordou citar Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 14 de agosto de 2018 ás 9.15 horas, para a celebración da oportuna comparecencia, o cal pode facer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que o devandito acto non se suspenderá por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda e o auto polo cal se despacha a execución e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda asistir á comparecencia asistido de avogado ao representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para a comparecencia, co obxecto de que, trasladada tal intención ao executante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto da comparecencia de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente, notifícase o auto polo cal se despacha a execución, ditado na presente execución, e cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Rubén Rivas Otero contra Aparcamiento Labacolla, S.L., parte executada.

En virtude do disposto no artigo 551 LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal e únase o resultado ás actuacións.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz O/a letrado da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación e citación a Aparcamiento Labacolla, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza