Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración sucesiva de material informático (expediente MS-SER1-18-023).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-SER1-18-023.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de material informático con destino aos servizos centrais e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30125100-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 198.300 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 66.100 euros. Importe total: 79.981 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 14.6.2018.

c) Contratista: Paz Dismac, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 44.329,24 euros. Importe total: 53.638,38 euros.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos