Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Grixalba (Sobrado-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Grixalba (Sobrado-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 150/1988, do 5 de maio, Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 9 de xuño de 1988, o seguinte:

Primeiro. O 23 de xullo de 2018, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de reestruturación parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste.

Segundo. O acordo de reestruturación seralle notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Sobrado e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia na Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), no rexistro dos servizos centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n,) ou en calquera das dependencias e rexistros a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 26 de xullo de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña