Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de domicilio social) da entidade Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega, acordada na reunión do órgano de administración do 19 de xuño de 2018, por unanimidade. Consta como novo domicilio social a rúa Ferrería, 27, baixo, concello de Vigo.

RESOLVO:

Dispor a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio de domicilio social), da entidade Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega.

Vigo, 19 de xullo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra