Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0034/2018-V e nove máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de xullo de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 19.7.2016)
Patricia Olveira Timiraos
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado pola

ANP-CO-0034/2018-V

Camilo Xosé Fernández Barreiro

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0036/2018-V

Brais Franqueira Vázquez

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0043/2018-V

Dolores Jiménez Montoya

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0045/2018-V

María Isabel Cendán Bellas

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0048/2018-V

Débora Monteiro Rojo

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0049/2018-V

José Javier Pouso Martínez

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0061/2018-V

Inocencio Jiménez Jiménez

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0063/2018-V

Víctor Manuel Díaz Sánchez

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0007/2018-V

David Lueiro Nogaredo

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0020/2018-V

Sabela Fátima Moar Martínez

Acordo de inicio

Xefa territorial