Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36084

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

A disposición adicional sexta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, autoriza a creación da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) como axencia pública autonómica adscrita á consellería competente en materia de economía, que ten como fins xerais e obxectivos básicos actuar como un instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada ao sector forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación en materia forestal.

Nos termos recollidos no artigo 2 do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, desde XERA preténdese incentivar o avance da formación e cualificación do persoal empregado no sector forestal, favorecendo a capacitación profesional, e contribuíndo á mellora da produtividade e competitividade das empresas do sector, así como a información/formación sobre actividades coherentes coa conservación do patrimonio natural e a biodiversidade, e coa xestión sustentable dos recursos.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, está consignado crédito por importe de 300.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00006, para atender as axudas da presente resolución.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Axencia Galega da Industria Forestal, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras que rexerán a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación da industria forestal (código de procedemento IN501A).

2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e reconciliada co ambiente, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira.

3. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas subvencións para o ano 2018.

4. Mediante o código de procedemento IN501A facilitarase a identificación e acceso ás persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia e aos formularios de inicio.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:

a) Asociacións sen ánimo de lucro representativas da industria forestal.

b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).

c) Colexios profesionais cando as accións subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, a teor do disposto nos seus estatutos.

2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e estar ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.

b) Non estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma así como estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Realizar as actividades obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

3. As entidades solicitantes poderán concorrer ás axudas de xeito individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo. Neste último suposto, todas estas entidades solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de presentación conxunta, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe da subvención, que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.

Non se considerará presentación de solicitude conxunta aquela en que algún dos solicitantes presente un orzamento inferior ao 25 % do orzamento total do proxecto.

4. Unicamente poderá presentarse un proxecto por solicitante, agás no caso de proxectos conxuntos. En caso de presentar máis dunha solicitude individual terase en conta a presentada en último lugar e procederase á inadmisión das restantes presentadas.

Artigo 3. Proxectos subvencionables

1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos que integren accións de carácter formativo non regrado e divulgativo que promovan a industria forestal de Galicia como unha industria estratéxica e  de futuro. Subvencionaranse actividades que contribúan a fomentar o coñecemento e divulgación da industria forestal:

a) Formación específica non regrada:

1º. Habilidades e coñecementos na xestión de aproveitamentos madeireiros, tratamentos silvícolas e na utilización de maquinaria forestal.

2º. Habilidades no manexo de maquinaria de primeira transformación, así como do coñecemento dos procesos industriais de serradura, secado, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira que contribúan á súa valorización comercial.

3º. Habilidades no manexo de maquinaria de segunda transformación, control numérico CNC, así como no desenvolvemento de proxectos de instalación e amoblamento.

4º. Incorporación do deseño como ferramenta de innovación e diferenciación nos produtos de madeira ao longo de toda a cadea de valor e, en particular, na carpintaría e o moble.

5º. Deseño e cálculo de estruturas de madeira, mecanizado e instalación, montaxe, así como reparación na rehabilitación de edificios con estrutura de madeira.

6º. Competencias profesionais para a caracterización da madeira utilizada en construción (elementos estruturais, revestimentos de solos e paramentos, portas e ventás, etc).

b) Formación non regrada de carácter transversal:

1º. Seguridade e saúde nos procesos da cadea forestal que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a reciclaxe neste eido.

2º. Competencias para o manexo de software e TICs no ámbito da industria forestal.

3º. Habilidades directivas.

c) Actos de sensibilización e divulgación:

1º. Difusión dos novos usos da madeira na construción así como dos novos materiais derivados da madeira.

2º. Vantaxes ambientais do uso da madeira e da súa contribución á sustentabilidade e a economía circular, así como das ferramentas que facilitan a súa cuantificación e comunicación: análise de ciclo de vida, ecodeseño, etiquetados ambientais, etc.

3º. Necesidade de certificación (FSC e PEFC) da xestión forestal e implantación da cadea de custodia, así como métodos de monitorización da orixe e destino da madeira.

4º. Nova demanda de produtos madeireiros: valorización e aproveitamento da biomasa para a produción de enerxía.

2. Os proxectos contemplarán:

a) Organización de actividades formativas non regradas, tales como cursos ou pílulas formativas relacionados coa industria forestal.

b) Organización de actividades de difusión: xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas instrutivas en colexios, universidades ou outros centros, ou en xeral calquera acción de divulgación sobre a industria forestal.

Artigo 4. Gastos subvencionables

1. Normas xerais:

a) Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

b) Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente e estean directamente relacionados coa actividade subvencionada. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

c) De ser o caso, cando o importe do gasto subvencionable da acción, actividade ou investimento supere a contía establecida para os contratos menores na normativa reguladora da contratación pública en vigor no momento da solicitude de ofertas, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2. Normas específicas para diferentes tipos de gasto.

a) No caso de actividades formativas non regradas, serán subvencionables os gastos correspondentes ás accións en que se acredite a asistencia mínima de 10 alumnos, xustificada na forma establecida nesta resolución e sempre que polo menos o 70 % do alumnado acredite unha asistencia mínima do 80 % da duración da actividade.

b) No caso de actividades divulgativas:

Xornadas: serán subvencionables os gastos correspondentes ás xornadas en que se acredite a asistencia mínima de 25 persoas.

c) En ambos os casos, a) e b), así como no resto de actividades de divulgación, serán subvencionables os custos directos asociados á realización da actividade. Considéranse custos directos os seguintes:

1º. Recursos humanos:

i) Gastos de persoal propio, cun límite máximo do 50 % das súas retribucións. Só se poderá imputar persoal propio para as actividades formativas non regradas.

ii) Custos de contratación de relatores (excluídos desprazamentos, aloxamentos e manutención).

2º. Gastos correspondentes á elaboración de documentación e materiais didácticos, así como edición de relatorios ou publicacións.

3º. Os gastos de alugamento de edificios, locais e medios audiovisuais utilizados na realización das actividades.

4º. Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións subvencionables.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por cada acción formativa non regrada e divulgativa e xustificaranse os criterios de imputación a esta.

Non se subvencionarán custos indirectos, tales como auga, luz, electricidade, etc.

3. Tanto para as actividades divulgativas como formativas non regradas, non serán subvencionables os gastos correspondentes á manutención das persoas asistentes, tales como servizos de comida e pausa-café.

4. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de febreiro do 2018 e a data de xustificación establecida no artigo 23.

5. No caso de que se obteñan ingresos pola realización das actividades, únicamente se subvencionará a diferenza entre a porcentaxe subvencionable sobre o custo total e os ingresos efectivamente obtidos, sen superar en ningún caso o custo total da actividade.

6. Así mesmo, deberá respectarse o disposto no artigo 8 sobre compatibilidade e concorrencia con outras axudas.

Artigo 5. Criterios de valoración

1. Para a concesión das axudas realizarase unha avaliación e ordenación en orde decrecente de todos os proxectos incluídos nas solicitudes presentadas, asignándolles a puntuación que corresponda segundo os seguintes criterios de baremación:

a) Pola presentación conxunta de solicitudes. Proxectos incluídos en solicitudes formuladas conxuntamente por dúas ou máis entidades solicitantes: 20 puntos.

b) Por cada actividade en que participen universidades ou institutos de innovación recoñecidos: 5 puntos.

c) Por cada tipo de actividade que teña cabida nos seguintes puntos:

1º. Actividades de divulgación incluídas nas seguintes categorías:

– Novos usos da madeira, utilización da madeira como elemento da bioeconomía e novos materiais baseados na madeira: 5 puntos por cada actividade.

– Accións que impulsen un clima favorable para o consumo e utilización da madeira, así como o coñecemento e concienciación da importancia da industria forestal como industria estratéxica, innovadora e moderna: 5 puntos por cada actividade.

– Outras actividades de divulgación sobre a industria forestal: 2 puntos.

2º. Actividades de formación non regrada de carácter transversal:

– Áreas que se correspondan coas liñas de acción establecidas no artigo 3 desta resolución: 5 puntos por cada actividade.

– Outras de carácter transversal: 2 puntos por cada actividade.

3º. Actividades de formación non regrada específicas incluídas nas seguintes categorías:

– Áreas que se correspondan coas liñas de acción establecidas no artigo 3 desta resolución: 5 puntos por cada actividade.

– Outras de carácter específico: 2 puntos por cada actividade.

d) Accións divulgativas que dean lugar a reportaxes, artigos e publicacións en medios de difusión, tales como revistas científicas ou emisión en medios audiovisuais, agás nos medios de difusión das propias entidades solicitantes: 10 puntos por cada acción.

e) Polo emprego da lingua galega nas accións e/ou nos materiais utilizados nas actividades propostas, tales como trípticos, material didáctico etc., daranse 5 puntos adicionais por cada actividade.

A puntuación total para cada proxecto será a suma das puntuacións obtidas nas letras a), b), c), d) e e).

2. Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación de todas as solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada para as actividades para as que se solicita a subvención, e ordenada e valorada de acordo con ela.

3. O órgano competente para resolver asignará o crédito dispoñible na convocatoria por orde, segundo a listaxe a que se refire o punto anterior, comezando polas solicitudes correspondentes ás actividades que obtivesen a puntuación máis alta e ata o esgotamento do crédito dispoñible.

En caso de empate, resolverase segundo os seguintes criterios:

Primeiro. Proxectos presentados conxuntamente con outras entidades.

Segundo. Proxectos que teñan máis puntos no criterio correspondente á letra b).

Terceiro. A primeira entidade que presentou a solicitude completa.

Artigo 6. Organización e requisitos das actividades

1. As accións de carácter formativo non regradas deben estar orientadas a profesionais da industria forestal en activo.

2. Control de asistencia:

a) Actividades formativas non regradas: deberá levarse un control de asistencia diariamente, que será asinado polo alumnado á hora de entrada e saída, así como pola persoa representante da entidade conforme o anexo VI, sen prexuízo do disposto no artigo 24.1.e) para o caso de actividades xa realizadas na data de presentación da solicitude.

b) Para as actividades divulgativas, tales como, xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas en colexios, universidades ou outros centros, ou en xeral calquera acción de divulgación sobre a industria forestal, será suficiente certificación do representante da entidade, acompañada, de ser o caso, cos datos de inscrición na actividade.

Artigo 7. Financiamento

1. As axudas financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.481.0 no código de proxecto 2018 00006. O orzamento destinado a esta convocatoria do exercicio contable 2018 é de 300.000 euros.

2. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá aumentar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. O incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 8. Intensidade e compatibilidade das axudas

1. A intensidade máxima da axuda será do 80 % do investimento total subvencionable no caso de actividades formativas non regradas e do 100 % no caso de actividades divulgativas, ata un máximo de 50.000 euros por proxecto.

2. As subvencións reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra clase de subvencións, axudas ou ingresos obtidos para a mesma finalidade.

3. O importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta resolución non poderán ser tal que, illadamente ou en concorrencia con outros ingresos obtidos para a mesma finalidade, coas axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria, en que se incluirán todos os custos directamente derivados dela.

4. O importe máximo das axudas deberá respectar os límites que se establecen nesta resolución.

Artigo 9. Solicitude e prazo de presentación

1. Para poder ser beneficiario/a da subvención deberá presentarse unha solicitude dirixida á Axencia Galega da Industria Forestal axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 desta resolución. As solicitudes presentaranse co contido mínimo exixido no citado artigo para os efectos de considerarse solicitude completa.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG desta resolución.

3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

4. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

5. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.f) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no proxecto para o que se solicita a axuda.

g) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar obrigatoriamente coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Copia dos estatutos da entidade solicitante en que figure o seu obxecto social. Cada entidade achegará a documentación que se indica neste punto, no caso de solicitudes conxuntas.

b) Certificación do rexistro competente que acredite a súa inscrición nel, así como que están ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.

Cada entidade achegará a documentación que se indica neste punto, no caso de solicitudes conxuntas.

c) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude. Cada entidade achegará a documentación que se indica neste punto, no caso de solicitudes conxuntas.

d) Anexo II de pluralidade de persoas solicitantes, en que se detallarán todos os solicitantes a maiores do que figura no anexo I, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo integra para cada entidade solicitante, a autorización á entidade sinalada como representante para a presentación da solicitude en nome do resto.

e) Anexo III, de declaración expresa doutras axudas e cumprimento de requisitos, para cada entidade solicitante, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo, integra para cada entidade solicitante, as declaracións responsables a que se refire o punto 5 do artigo 9.

f) Documento en que se acorde a colaboración entre as entidades solicitantes, a designación da que as representa, os compromisos asumidos económicos e/ou materiais por cada unha delas para a execución das actividades e o importe de subvención solicitado por cada unha, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente por varias entidades.

g) Proxecto en que se recollan as accións formativas non regradas e de divulgación de cada entidade, que será asinado pola persoa que exerza a representación legal da entidade. O proxecto que se presente, contará cun índice de actividades a levar a cabo ou as xa realizadas. Xa que logo, para cada acción ou actividade incluída no índice do proxecto deberá achegarse a seguinte documentación, coa estrutura que se indica a seguir:

1º. Memoria explicativa de cada acción ou actividade integrada no proxecto e que deberá conter os seguintes aspectos:

i) Tipoloxía da actividade ou acción: divulgativa ou formativa.

ii) Breve descrición da actividade que se vai realizar ou da actividade realizada (neste caso ter en conta o disposto no artigo 4.4, en canto a gastos subvencionables).

iii) No caso de actividades formativas indicarase, ademais, unha previsión do número de alumnos ou, se xa se realizaron, o número real de asistentes.

iv) No caso das actividades divulgativas farase unha descrición da tipoloxía e metodoloxía.

v) No caso de realización de xornadas, indicarase o número previsible de asistentes, ou o número de efectivo de asistentes, no caso de que sexa unha actividade xa realizada.

vi) Colectivo destinatario da acción, centro e localidade onde se desenvolveron ou previsiblemente se vaia desenvolver a actuación para a que se solicita a axuda.

vii) Descrición detallada do seu contido e plan de traballo en que se incluirá a data de realización.

viii) Impacto e resultados esperados.

ix) Os medios previstos para a súa realización (ou os utilizados no caso das accións xa realizadas).

x) Cronograma da actividade.

2º. Entidades formativas que colaboren ou participen no desenvolvemento da actividade, de ser o caso.

3º. Orzamento de gastos detallado e individualizado por conceptos, co IVE desagregado, que concrete a achega que realizará a entidade solicitante no seu financiamento e a porcentaxe da actividade que se pretende subcontratar, de ser o caso.

No caso de gastos de persoal propio detallarase con claridade aqueles que se imputan á actividade.

4º. Orzamento de ingresos: faranse constar os ingresos obtidos pola realización de cada acción, así como a obtención doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade.

5º. Accións divulgativas que dean lugar a reportaxes, artigos e publicacións en medios de difusión, tales como revistas científicas ou emisión en medios audiovisuais, agás nos medios de difusión das propias entidades solicitantes.

6º. Declaración da lingua utilizada para o desenvolvemento das actividades e nos materiais utilizados nas actividades propostas, tales como trípticos, material didáctico, etc.

O proxecto presentarase en formato pdf con follas paxinadas, cun índice de actividades e cos diferentes puntos ordenados para cada actividade.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos establecidos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados sempre e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir a persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Consellería de Facenda.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas.

2. A cesión de datos de carácter persoal que, en virtude do establecido no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado, non requirirá o consentimento da persoa afectada.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Axencia Galega da Industria Forestal publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da dita lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións establecidas por esta convocatoria e a Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal. Corresponderalle ao director da Axencia Galega da Industria Forestal ditar a resolución de concesión.

Artigo 15. Instrución do procedemento e concesión de axudas

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, ou non se lle xunta a documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da solicitude de axuda e/ou da memoria das actividades do proxecto.

2. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos á comisión de valoración sinalada no artigo 16 desta resolución.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo coa valoración realizada, conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo 5.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) A persoa titular do departamento de xestión administrativa da Axencia Galega da Industria Forestal, ou persoa en quen delegue.

b) Dúas persoas funcionarias con cargo de xefatura de sección da Axencia Galega da Industria Forestal ou persoas en quen deleguen.

c) Unha persoa funcionaria da Axencia Galega da Industria Forestal, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

3. A comisión de valoración elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de persoa beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 17. Resolución e recursos

1. Unha vez concluída a instrución, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de valoración ao director da Axencia Galega da Industria Forestal para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obteren a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Sinalarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas ou, se é o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. Á vista da proposta e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, e logo da fiscalización preceptiva do expediente, o director da Axencia Galega da Industria Forestal ditará, as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Unha vez notificadas as resolucións ás entidades interesadas, disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación ou renuncia, conforme o modelo do anexo IV. Transcorrido este sen que se producise manifestación expresa entenderase tácitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte en que se produzan os efectos do silencio administrativo perante o presidente da Axencia Galega da Industria Forestal, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisara introducir modificacións a este segundo o proxecto, solicitará autorización da Axencia Galega da Industria Forestal, xustificando as razóns do cambio e acompañando a oportuna actualización do expediente que contemple as variacións das accións previstas no proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación a terceiros e que non supoña a modificación da puntuación acadada pola aplicación dos criterios de selección.

2. A solicitude de modificación debe formulala a persoa que exerza a representación legal da entidade beneficiaria, na forma sinalada no artigo 9, expresando os motivos e os cambios que se propoñen.

3. A modificación realizarase mediante resolución da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, previa instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle á persoa interesada.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada, e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Axencia Galega da Industria Forestal practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Execución das actividades

1. As actuacións subvencionadas deben executarse nas condicións descritas no proxecto a que se refire o artigo 10, sen prexuízo do sinalado no artigo 18.

2. A realización das actividades será responsabilidade exclusiva das entidades solicitantes, ben que a Axencia debe estar informada puntualmente e con suficiente antelación das circunstancias concretas da execución e resérvase o dereito de solicitar a información complementaria que considere oportuna, así como a comprobación de calquera aspecto relacionado con elas.

3. Con carácter previo á realización de actividades divulgativas ou formativas para as que se concedeu a subvención (excluíndo aquelas que xa fosen realizadas con anterioridade á notificación da resolución de concesión), a entidade beneficiaria deberá poñer en coñecemento da Axencia Galega da Industria Forestal, cunha antelación mínima de sete días hábiles ao seu inicio, os datos que se indican no anexo V.

4. De todo o material e documentación obxecto de financiamento pola Axencia Galega da Industria Forestal, esta poderá facer uso coa finalidade de fomento e promoción en toda a comunidade autónoma.

Artigo 21. Subcontratación

Autorízase a subcontratación con terceiros das tarefas de organización das actividades ata unha porcentaxe máxima do 50 % do custo total de cada unha das actividades subvencionadas a través desta convocatoria, coas condicións e requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. En todo caso, quedan fóra da subcontratación aqueles gastos nos cales teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actividade subvencionada.

Artigo 22. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial, as seguintes:

a) Realizar as actividades que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e a realizar a proposta de pagamento da subvención.

d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionables. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control. Salvo que non proceda polo tipo de entidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto da subvención.

f) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Axencia Galega da Industria Forestal, nos termos establecidos na normativa vixente sobre actividades de información e publicidade e demais normativa aplicable.

As medidas de difusión consistirán en lendas relativas ao financiamento público en carteis, materiais impresos, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben mencións realizadas en medios de comunicación, seguindo o modelo que figura no anexo X. Para aquelas actividades para as que se solicita subvención e que foron realizadas entre o 1 de febreiro e a data de notificación da resolución de concesión cumprirase así mesmo con esta obriga nas publicacións posteriores que se fagan relativas ás ditas accións.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos competentes, para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión, para o cal achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

i) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 8 desta resolución.

j) Comunicarlle ao órgano que conceda a axuda calquera modificación das condicións tidas en conta no momento da concesión, así como os compromisos e obrigas asumidos pola entidade beneficiaria.

k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como o encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 23. Xustificación e pagamento

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das accións subvencionables será o 30 de novembro de 2018.

2. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia Galega da Industria Forestal, antes de procederen ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

3. Para cobrar a subvención concedida, as entidades beneficiarias deberán presentar electrónicamente unha solicitude de pagamento en función das actividades xustificadas mediante o modelo normalizado do anexo VII, acompañada da documentación sinalada no artigo seguinte. A numeración das actividades que figuran neste anexo seguirán a mesma orde que a indicada no anexo I de solicitude.

4. As solicitudes de pagamento e a documentación xustificativa da subvención presentaranse no prazo fixado nesta resolución e cumprindo co recollido nos artigos 28 e 29 da Lei 9/20017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentada esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da axuda e, se for o caso, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. Para os efectos da xustificación, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación sinalado na convocatoria. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) en que se reflicta o importe da retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación. A entidade beneficiaria quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.

7. En todo caso, a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique mediante documentos bancarios, en que deberán quedar claramente identificadas as persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagamentos, así como o concepto destes. Non se admitirán pagamentos en efectivo.

8. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Dirección da Axencia, órgano competente para ordenar o pagamento.

9. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e logo de acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

10. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na dita actividade.

11. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non figuren ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Artigo 24. Documentación xustificativa para o pagamento

1. As entidades beneficiarias deberán achegar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo VII), a documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, no prazo, termos e na forma que estableza a resolución da concesión e que constará dos seguintes documentos:

a) Memoria resumo da execución do proxecto e desagregada por accións subvencionadas, que inclúa a xustificación da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como a xustificación dos criterios de imputación, asinada pola persoa que teña a representación da entidade beneficiaria.

b) Certificación da relación das facturas e outros documentos xustificativos dos gastos realizados para cada actividade do proxecto, e imputados a ela, conforme o anexo VIII, debidamente asinada pola persoa representante.

Neste anexo, detallaranse os gastos imputados a cada actividade desagregados por gastos de persoal propio da entidade e outros gastos correntes.

As entidades beneficiarias xustificarán os gastos mediante facturas e xustificantes emitidos ao seu nome, conforme os puntos seguintes deste artigo.

c) Facturas ou outros documentos xustificativos do gasto, así como xustificantes bancarios de pagamento, identificadas e ordenadas segundo a relación a que se refire a letra b), para o caso de gastos correntes. Nos xustificantes bancarios deberá constar, claramente, a persoa emisora e perceptora e concepto de gasto.

d) Documentación xustificativa dos gastos de persoal, que consistirá en:

1º. Contrato de traballo, nóminas, documentos de cotización á Seguridade Social, documento de ingreso das retencións a conta do IRPF (modelo 111) e xustificantes bancarios de pagamento das retribucións, correspondentes á persoa contratada. Nos xustificantes bancarios deberá constar claramente a persoa emisora e perceptora e concepto do gasto.

2º. Partes de traballo asinados pola entidade e a persoa traballadora en que consten as horas dedicadas á actividade subvencionada, con descrición das tarefas realizadas.

e) Relación de persoas asistentes a cada acción, segundo o modelo que figura no anexo VI, no caso de actividades formativas non regradas. Este anexo presentarase debidamente asinado por todas as persoas asistentes, coa finalidade de acreditar a asistencia mínima a que se refire o artigo 4.2.a). A relación de asistentes conterá nome, apelidos, os tres últimos díxitos do DNI e número de teléfono.

No caso de actividades formativas non regradas xa realizadas antes da presentación da solicitude da axuda, será o representante da entidade quen certifique o número de asistentes a cada actividade, así como a asistencia mínima a que fai referencia o artigo 4.2.a).

Para as actividades divulgativas, tanto as xa realizadas antes da presentación da solicitude, como as que se vaian realizar con posterioridade, será suficiente certificación do representante da entidade que acredite a asistencia mínima a que fai referencia o artigo 4.2.b).

f) Copia (en formato impreso e dixital) de todos os documentos xerados durante a execución das actividades como, por exemplo, documentos de difusión, materiais entregados, material docente, material audiovisual, reportaxes fotográficas, etc., en que se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citado no artigo 22 destas bases.

g) Documentación acreditativa da repercusión pública das accións executadas, cando proceda.

h) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, e declaración de que se manteñen os requisitos para ser persoa beneficiaria, segundo o anexo IX. Para as solicitudes conxuntas, achegarase un anexo por cada entidade que forme parte da solicitude.

i) Balance provisional de fondos da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada da subvención, no caso de non estar exenta da obriga de levar contabilidade.

j) Certificación, emitida polo representante legal, onde se faga constar para cada actividade do proxecto obxecto de subvención que foi de carácter gratuíto ou ben indicar a contía total dos ingresos percibidos por cotas de inscrición dos participantes, ou de outro tipo, para a realización da dita actividade.

2. Deberá existir unha clara coherencia entre os gastos xustificados e os obxectivos de cada acción subvencionable.

3. No caso de proxectos presentados conxuntamente, a documentación irá asinada polo representante que designasen as entidades interesadas.

Artigo 25. Reintegro e perda de dereito ao cobramento da axuda

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta resolución, así como das condicións que, se é caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 70 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o parágrafo primeiro, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Son causas de perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos achegados polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

f) Calquera das demais causas previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración, a Axencia Galega da Industria Forestal levará a cabo funcións de control, avaliación e seguimento das actuacións.

2. Para realizar as ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á súa disposición para comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados e o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

3. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para a finalidade da convocatoria e para estes efectos as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na resolución de concesión.

Artigo 27. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN501A, poderase obter información adicional na Axencia Galega da Industria Forestal, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega da Industria Forestal: www.xera.xunta.gal.

b) No teléfono 881 99 54 76.

c) O enderezo electrónico: xera.ceei@xunta.gal.

d) https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

e) Presencialmente.

Disposición adicional primeira. Outras regulamentacións

No non previsto nesta resolución observarase o disposto no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, vixente na anualidade.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións (BDNS)

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición adicional terceira. Datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia- Axencia Galega da Industria Forestal- coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en http://www.xunta.gal/información-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en http://www.xunta.gal/información-xeral-proteccion-datos.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Axencia Galega da Industria Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file