Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se acorda someter a información pública o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.

A Consellería de Política Social está a tramitar o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.

Segundo. O texto do proxecto de decreto poderase consultar no portal de transparencia da Xunta de Galicia:http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/pendente-de-aprobación/-/nt/0285/proxecto-decreto-desenvolvemento-lei-102013-27-novembro-inclusion-social-galicia

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto mediante a presentación de escrito, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social