Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36128

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a do Servizo de Atención Primaria).

Mediante a Resolución do 30 de abril de 2018 (DOG nº 108, do 7 de xuño) convocouse a provisión polo sistema de libre designación dun posto de coordinador/a de Servizo de Atención Primaria. Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de Servizo de Atención Primaria), anunciado mediante a Resolución do 30 de abril de 2018 (DOG nº 108, do 7 de xuño).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 2 de xullo de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria de Coia.

Nome e apelidos: María Concepción Pérez Mayán.

DNI: 33245900K.