Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de xullo de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións das Pontes.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoa interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións das Pontes iniciado pola Resolución do 11 de xaneiro de 2018.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 6 de xullo de 2018

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Vladimir Grueiro González

... 260B

Trámite de audiencia

Diego Vázquez Castro

... 756W

Trámite de audiencia