Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva, por prezo unitario, de material de oficina non inventariable e papel con destino a esta consellería (dous lotes), mediante acordo marco cun único empresario (expediente 9/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: subministración.

Descrición do obxecto: subministración sucesiva, por prezo unitario, de material de oficina non inventariable e papel con destino á Consellería do Mar (dous lotes), mediante acordo marco cun único empresario.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=283098

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 45, do 5 de marzo de 2018.

e) División por lotes e número: 2 lotes.

– Lote 1: material de oficina non inventariable.

– Lote 2: papel de fibra reciclada e fibra virxe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 124.661,16 €, IVE (21 %): 26.178,84 €. Importe total: 150.840,00 €.

Valor estimado: 205.690,91 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

– Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 28.6.2018.

b) Adxudicataria: Paz Dismac, S.L.

c) Importe: 95.239,67 € (sen IVE).

IVE (21 %): 20.000,33 €.

Importe total: 115.240,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 4.7.2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única empresa admitida á licitación e cumpriu os criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 28.6.2018

b) Adxudicataria: Paipel-Or, S.L.

c) Importe: 29.421,49 € (sen IVE).

IVE (21 %): 6.178,51 €.

Importe total: 35.600,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 4.7.2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa, xa que acadou a maior puntuación, de acordo cos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar