Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35852

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 129/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 129/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Antonia Díaz Bonich contra Sertran Conversación, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse Sentenza o 29 de xuño de 2018 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vinte e nove de xuño de dous mil dezaoito.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente procedemento ordinario 129/2017 por instancia de María Antonia Díaz Bonich, contra Sertran Conversación, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en nome do rei, pronunciou a seguinte

Sentenza número 331/2018.

Resolución:

Admítese a demanda interposta pola parte demandante fronte á empresa demandada e condénase a demandada ao aboamento de 2.674,02 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes coa indicación de que contra esta resolución non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sertran Conversación, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza