Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35669

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mesía para a execución da actuación de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía. Fase I. Concello de Mesía (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía. Fase I. Concello de Mesía (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

576.194,23 €

4.1.2018

Protocolo entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Ministerio de Ambiente de Panamá para consolidar un modelo de xestión integrada das bacías hidrográficas en Panamá

Establecer un marco xeral de colaboración entre as partes co fin de establecer as pautas de coordinación entre Augas de Galicia e o Ministerio de Ambiente de Panamá para estudar as opcións de cooperación entre ambas as administracións co obxectivo de consolidar o modelo de xestión integrada de bacías hidrográficas en Panamá e o departamento responsable para tal fin no Ministerio de Ambiente de Panamá

Sen achega económica

17.1.2018

Protocolo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a entidade pública Wetterskip Fryslân, en representación do programa de Dutch Water Authorities en Mozambique, para a procura de sinerxías e o desenvolvemento en común de accións no ámbito do fortalecemento institucional da Administración hidráulica de Mozambique

Establecer un marco xeral de colaboración entre as partes co fin de establecer a coordinación entre Augas de Galicia e Wetterskip Fryslân para:

– A procura de sinerxías entre as súas accións en Mozambique no ámbito da xestión integrada de recursos hídricos

– O desenvolvemento de accións no ámbito do fortalecemento institucional da Administración hidráulica de Mozambique

Sen achega económica

27.7.2017