Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 20 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0419-2017 DIS.

Advertidos erros no devandito anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 143, do venres 27 de xullo de 2018, cómpre facer modificacións nalgúns puntos.

Na páxina 35116, onde di: «O acto foi adoptado pola xefa territorial», debe dicir: «O acto foi adoptado pola instrutora do expediente».

Onde di: «Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE».

Debe suprimirse o dito parágrafo.

No acto de notificación, onde di: «Acto de notificación: resolución», debe dicir: «Acto de notificación: proposta de resolución».