Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/193-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada centro de seccionamento e manobra Vizoño e liñas de interconexión, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/193-1), mediante a Resolución desta xefatura territorial, do 2 de novembro de 2016, a favor da entidade beneficiaria Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA), con enderezo en rúa José Ángel Valente, 17, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 31 de agosto de 2018 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios sinalados no cadro que máis abaixo se detalla e que, xunto con esta resolución, se expoñerá no taboleiro de edictos do Concello de Abegondo. A este acto deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 2 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2015/193-1.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titular

Afección solo (m2)

Afección voo (m2)

Apoio

Sup.

(m2)

Lonx.

(ml)

Sup.

(m2)

1

Castromaior

2

194

José María Sánchez Garaboa

8,0

2

As Redondas

2

197

María Palla Martínez e outro

30

408,0

3

As Redondas

2

198

Consellería do Medio Rural

44

736,0

4

As Redondas

2

152

Ernesto Luis Rodríguez Pérez

1,5

0,96

167

2.768,0

14

Agra

503

5

Tomasa Etcheverría Naveira

0,5

0,45

92

1.589,0

15

Agra

503

4

Eugenio Etcheverría López

3

2,18

129

1.947,0

16

Agra

503

3

Eduardo Etcheverría Rey

45

684,0

17

Agra

10

937

Eduardo Etcheverría Rey

1,5

2,04

1

89,0