De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados polos instrutores.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
A Coruña, 4 de xullo de 2018
A xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 19.7.2016)
Patricia Olveira Timiraos
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: CO-RES-2018-0067.
Interesado: Manuel Meis Cacabelos.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: CO-RES-2018-0092.
Interesado: Marian Sali.
Acto notificado: proposta de resolución.