Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0089/2018-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0089/2018-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 11 de xullo de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0089/2018-PPM

José Otero Espiñeira

32634402R

Inicio

r/ Porta de Neira, 22, 1º D, Ferrol

PSC-FE-0093/2018-PPM

Inocencio Jiménez Giménez

32680792T

Inicio

Lg. O Galiñeiro, 21, Mugardos

PSC-FE-0095/2018-PPM

Marco Antonio de Gregorio Bretón

32678031E

Inicio

r/ Carlos III, 85, 3º, Ferrol

PSC-FE-0096/2018-PPM

Miguel Ángel Pérez Corral

32690142N

Inicio

r/ Tellerías, 27, Fene

PSC-FE-0097/2018-PPM

José Antonio Martínez Romaus

32664845S

Inicio

Avenida de Galicia, 21, 4º D, Mugardos

PSC-FE-0098/2018-PPM

Juan Francisco Martínez Romaus

32664846Q

Inicio

Rúa Real, 25, Mugardos

PSC-FE-0102/2018-ORS

Jorge Reborido Mato

32701010R

Inicio

r/ Rosalía de Castro, 3, baixo dta., Mugardos