Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT cambio de sección GON807-fase 2, no concello de Gondomar, do cal resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2017/717-4).

A instalación denominada LMT cambio de sección GON807-fase 2, no concello de Gondomar, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 20 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 10 de outubro de 2018, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Gondomar.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios. Infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 9 de xullo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT cambio sección GON807-fase 2 (Gondomar)

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

m2 subsolo

Concello

1

Al Areosa

Labor

Descoñecido

36,76

Gondomar

2

Al Areosa

Labor

Herminio Narciso González

CS

12,97

62,8

Gondomar