Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 256/2017).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 256/2017, por instancia de Gabriel Barge Estévez contra a executada Patricia Parada Vidal, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 28 de xuño de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 1.589,31 euros de principal, máis 274,31 euros en concepto de xuros de mora, máis 186,36 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza