Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35482

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde do Saviñao.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 18 de xullo de 2018, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde do Saviñao (Lugo).

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde do Saviñao, estando a dirección da obra contratada polo Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da encomenda, ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde