Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017435TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data 30 de maio de 2018, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2017435TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á Área de Descanso de Paradela, S.L., como titular do establecemento denominado Montparnasse.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Área de Descanso de Paradela, S.L., como titular do establecemento denominado Montparnasse, o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da mesma lei, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso, mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2017435TA-PO.

Interesada: Área de Descanso Paradela, S.L. (Montparnasse).

Documento de identificación: B94150596.

Último enderezo coñecido: A Goulla, 9, Paradela, 36616 Meis.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601,00 €.