Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas Festas de Ourense 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado, mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2018005100; ref. 2492.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto servizo de aluguamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas Festas de Ourense 2018 (lote 1: praza Maior; lote 2: xardín do Posío; lote 3: praza do Ferro; lote 4: praza San Martiño).

c) CPV: 51313000-9 (servizos de instalación de equipamento de son); 51314000-6 (servizos de instalación de equipamento de vídeo); 92370000-5 (técnico de son); 32342410-9 (equipamento de son).

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, PLACE, BOP e DOG.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 6.3.2018, 6.3.2018, 6.3.2018 e 8.3.2018.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: lote 1: 22.800 euros; lote 2: 11.000 euros; lote 3: 4.000 euros; lote 4: 6.000 euros. IVE: lote 1: 4.788 euros; lote 2: 2.310 euros; lote 3: 840 euros; lote 4: 1.260 euros. Importe total: lote 1: 27.588 euros; lote 2: 13.310 euros; lote 3: 4.840 euros; lote 4: 7.260 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2018.

b) Data de formalización: lote 1: 22 de xuño de 2018; lote 2: 26 de xuño de 2018; lote 3: 21 de xuño de 2018; lote 4: 21 de xuño de 2018.

c) Contratista: lote 1: Fernando Martínez Rodríguez; lote 2: Trilusión Producciones, S.L.; lote 3: Magistral Audio, S.L.; lote 4: Magistral Audio, S.L.

d) Importe de adxudicación: lote 1: importe neto: 17.670,00 euros; IVE: 3.710,70 euros; importe total: 21.380,70 euros. Lote 2: importe neto: 9.160,00 euros; IVE: 1.923,60 euros; importe total: 11.083,60 euros. Lote 3: importe neto: 2.960,00 euros; IVE: 621,60 euros; importe total: 3.581,60 euros. Lote 4: importe neto: 4.440,00 euros; IVE: 932,40 euros; importe total: 5.372,40 euros.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ser as ofertas económicas máis vantaxosas e cumprir estas con todos os criterios dos pregos de condicións. Todo isto servirá como motivación.

Ourense, 27 de xuño de 2018

Jesús Vázquez Abad
Alcalde