Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican acordos de procedencia de reintegro de axudas concedidas ao amparo da Orde do 21 de marzo de 2011, Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, situado na avda. da Habana, 79, 7º andar, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 10 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Apelidos e nome

Nº expediente

Notificación

Data ac.

Activo Imasdmasi, S.L.U.

TR348A 2011/34-3

Ac. procedencia

14.6.2018

O Seixo, S.C.

TR348A 2011/68-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Orenblue, S.L.

TR348A 2011/98-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Activo Imasdmasi, S.L.U.

TR348A 2011/107-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Asociación Valnatura

TR348A 2011/116-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Bodegueros Asociados do Condado, S.L.

TR348A 2011/128-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Espejo de Mujer, S.L.

TR348A 2011/136-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Litovela, S.L.

TR348A 2011/137-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Eva Laso López

TR348A 2011/155-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Benito Álvarez Domínguez

TR348A 2011/171-3

Ac. procedencia

14.6.2018

O Seixo, S.C.

TR348A 2011/174-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Señalizaciones Aplicaciones Viales, S.L.

TR348A 2011/186-3

Ac. procedencia

14.6.2018

Diego Vidal Caride

TR348A 2011/191-3

Ac. procedencia

14.6.2018