Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a citación no procedemento BS210A (expediente PO-000060722 e un máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos citados no anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Pontevedra, sitas na avenida de Vigo, 16 baixo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita indicada no acto, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 28 de xuño de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A / PO-000060722

Castromán Tarrío, María Carmen (*****309Q)

Citación

18.5.2018

BS210A / PO-000062955

Darriba Rodríguez, Josefa (*****587X)

Citación

22.3.2018