Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2018/117-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Cooperativa A Carnocha.

Domicilio social: rúa Tui, 4, 3º esquerda, 15002 A Coruña.

Denominación: centro de transformación de compañía bloque Z 12 Parque Ofimático A Coruña.

Situación: parcela Z 12 Parque Ofimático A Coruña.

Características técnicas:

CT compacto en edificio non prefabricado sito en parcela Z-12 do Parque Ofimático Coruña, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña