Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-39/2018 RE).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 22 de xuño de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-39/2018 RE.

Denunciado: Petru Sorin Scripcariuc.

Acto notificado: acordo de incoación.