Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo consistente na dirección de execución das obras de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo (fase II).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-SESE 06–PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=227068.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na dirección de execución das obras de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo, na súa segunda fase.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 71200000 e dous máis, segundo a letra A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 30.11.2017; BOE: 4.12.2017 e DOG: 15.12.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 256.515,49 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 233.195,90 €.

Importe total: 282.167,04 €

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de maio de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 27 de xuño de 2018.

c) Contratista: UTE: Manuel Cuquejo González y Eduardo García Fortes.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 184.527,92 €.

Importe total: 223.278,78 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza