Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 28 de xuño de 2018 polo que se somete a información pública a modificación número 1 do Proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo.

Advertido un erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2018, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro.

Na páxina 32784, onde di: «Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a dita documentación, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e no concello da Laracha», debe dicir: «Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a dita documentación, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e no concello de Carballo».