Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de xullo de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, piso 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de xullo de 2018

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto da notificación

Herederos de María Aurelia Coello Custolla

...794Z

Notificación da resolución pola que se acorda resolver o contrato de arrendamento dunha vivenda de promoción pública e comunicación do prazo para a retirada de mobles, que se considerarán abandonados se non son retirados.

Expediente C-2001/705, conta 1