Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/0081-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia das sentenzas ditadas no procedemento  257/2016, polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo e pola Audiencia Provincial Sección número 5 de Pontevedra, polo accidente laboral mortal do traballador Vasilio Melendres Rivera.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (20.4.2015).

• Copia das sentenzas xudiciais.

Expediente: RL 2015/0081-4.

Acta núm.: I362015000021557.

Empresa: José Fernández Álvarez.

NIF/DNI: 36113642-P.

Enderezo: Vázquez Varela, 29, 1º esq., Vigo (Pontevedra).

Vigo, 12 de xullo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo