Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de inicio de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de agosto de 2012, Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a sua eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que xulguen oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido integro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense, avda. da Habana, 79-7ª planta, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertíndoos de que, de non facelo, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

Ourense, 5 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Apelidos e nome

Nº expediente

Notificación

Data

Veraluz Estética, S.C.

TR349A 2012/32-3

Acordo inicio

8.6.2018

Cervecería Agarimo, C.B.

TR349A 2012/37-3

Acordo inicio

8.6.2018

Iván Álvarez Caride

TR349A 2012/50-3

Acordo inicio

8.6.2018

Orensáfrica, S.L.

TR349A 2012/61-3

Acordo inicio

8.6.2018

Lucía Armoa de Aquino

TR349A 2012/68-3

Acordo inicio

8.6.2018

Café Rock José, S.L.

TR349A 2012/70-3

Acordo inicio

13.6.2018