Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-RES-2017/012.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A comparecencia deberase efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; r/ San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: LU-RES-2017/012.

Interesada: Biocarburantes de Galicia, S.L.

Acto notificado: resolución.